Ollomoltranvía

 PICA AQUI PARA INFORMACION DO ESPECTACULO

"POLICIA"

 correo electrónico        calendario       ficha do espectáculo      galería        contratación

OLLOMOLTRANVIA é unha compañía de 'teatro físico'. Na orixe de TRANVIA teatro e OLLOMOL teatro submarino aparecen espectáculos mudos, números de clown, danza, acrobacia, títeres... En 1.993 éstas duas compañías fusionanse formando OLLOMOLTRANVIA, e aquel xeito plástico de entender o teatro cristaliza en Commedia.

Dende a estrea de Commedia hasta o momento actual OLLOMOLTRANVIA levou a escena os seguintes espectáculos: Raíñas de Pedra, O Rei Nú, Escola de Bufons, Qui Pro Quo e Ñiki Ñaque. Qui Pro Quo, Commedia e Escola de Bufons eran espectáculos de xénero: Clown no primeiro caso e Commedia dell'Arte e Bufons nos outros dous.

A foto que podedes ver á dereita pertence a Ñiki Ñaque, que é o espectáculo que temos actualmente en cartel.

Outras características da compañía son a execución da música en vivo por parte dos proprios actores en todolos espectáculos e unha aposta polo xogo actoral, polo brillo dos actores.

Páxina Actualizada o 09.04.2001